Pasar al contenido principal

Xa podes inscribirte no primeiro GPU Hackathon de Galicia, que promoven o Cesga e Appentra

hackathon

O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e Appentra organizan o GPU Hackathon desde o 29 de maio ao 1 de xuño nas instalacións de dito centro. Está especialmente dirixido a profesionais, investigadores e  estudantes que estean realizando estudos de doutoramento ou  teses doutorais, e que empreguen simulación por computador. O evento é gratuíto e de aforo limitado, por iso cómpre inscrición previa.

O obxectivo do encontro é axudar aos desenvolvedores a acelerar a execución das súas aplicacións de simulacro usando o hardware, o software e o equipo de mentores proporcionados polo Cesga e Appentra. Ao final do evento, os participantes disporán dunha nova versión acelerada en GPU ou dunha folla de ruta para alcanzar dito obxectivo.

O hackathon vai dirixido a calquera persoa que teña unha aplicación secuencial ou MPI de simulación numérica, escrita en C/C++ ou Fortran e que desexe acelerar a súa execución. Agárdase a  asistencia ao evento dun equipo de ata dúas persoas por aplicación.

Despois da celebración do evento, búscase establecer unha relación de colaboración cos equipos para crear casos de éxito que poidan ser publicados durante os meses seguintes ao hackathon.

Máis información e inscricións: http://www.cesga.es/es/ver_nova/idnoticia/5510