Pasar al contenido principal

O IFFE Business School convídanos á xornada de portas abertas do 19 de maio

IFFE

O Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE Business School), entidade colaboradora do CPEIG co que mantén un convenio, organiza unha xornada de portas abertas prevista para o 19 de maio. Están convidadas ao evento todas as colexiadas e colexiados que desexen asistir, previa inscrición na web www.iffe.es

O IFFE ten como misión "conectar a innovación, a formación e o mundo empresarial mediante a creación de talento como suma de capacitación, coñecemento, creatividade, networking e capacidade operativa", segundo destacan os responsables da entidade. Desde 2009 imparte programas máster a través de tres áreas de formación: Management, Tech e Health. 

En concreto, a escola IFFE Tech School nace co propósito de dar resposta aos novos retos tecnolóxicos reflectidos na Industria 4.0, Big Data e a dirección de proxectos, básica en calquera organización de carácter tecnolóxico.

Entre os  produtos formativos que ofrece o  Instituto, figura o máster en dirección de proxectos e organización empresarial: http://www.iffe.es/formacion-executive/master-en-coruna-galicia-presencial/master-en-direccion-de-proyectos-y-organizacion-empresarial/. Grazas á colaboración entre o CPEIG e o IFFE, as persoas colexiadas poden acollerse a unha bonificación do 10 por cento neste e noutros másters.

 Programa da xornada de portas abertas:

17:00 – 18:00

Presentación IFFE Tech School

18:30 – 19:30

Presentación IFFE Health School

17:30 – 18:30

Persoas, empresa e mercados: o factor humano e a toma de decisión

17:30 – 18:30

A planificación fiscal e contable como parte da estratexia

19:00 – 20:00

Xestión do talento organizativo: a nova ferramenta estratéxica

19:00 – 20:00

O novo papel do CFO nas organización

Acordo de colaboración

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e o Instituto de Formación Financeira e Empresarial manteñen desde hai un par de anos un acordo de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades formativas. O obxecto é crear un marco estable e flexible de cooperación co obxectivo de enriquecer as actividades propias de ambas entidades.

O acordo inclúe, como xa se comentou máis arriba,  a bonificación do 10 por cento para as persoas colexiadas no CPEIG nos produtos formativos de IFFE Busines School, agás acordo específico doutra porcentaxe en función do produto. Ademais, establece o compromiso de colaboración na organización de conferencias, coloquios, seminarios e outras actividades educativas, e de deseño e desenvolvemento conxunto de accións formativas e de consultaría e asesoramento.