Pasar al contenido principal

Diversión e compañeirismo na xornada de convivencia para persoas colexiadas celebrada o pasado día 9

Compartimos os testemuños gráficos da inesquecible xornada de convivencia para familias de colexiadas e colexiados celebrada o pasado día 9 de xullo nas instalacións do Karting Dakart https://www.racingdakart.com/sanxenxo/, escenario elixido para a realización de distintas actividades dirixidas a maiores e adultos. En total, xuntáronse unhas 88 persoas  na localidade pontevedresa nunha xornada de lecer ao aire libre.

Karting para adultos, karting para rapaces e rapazas, minigolf, canoa e tirolina foron as actividades que reuniron a membros do CPEIG e familiares dentro das iniciativas de conmemoración da década de vida do Colexio.

As fotos dan conta da diversión e dos bos momentos pasados nun ambiente no que reinou o compañeirismo e o bo humor