Con motivo das actividades previstas polo 40 aniversario da posta en marcha dos estudos universitarios oficiais de Informática en España, a Universidade do País Vasco organiza este xoves, día 2, unha conferencia dirixida principalmente a profesores, estudantes e titulados en Enxeñaría Informática sobre a "Ordenación e Regulación Legal da Enxeñaría Informática".
A conferencia organízase coa colaboración do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII) e do Colegio Oficial de Ingenieros en Informática de Euskadi (COIIE), e terá lugar na Sala Ada Lovelace da Facultade de Informática (Pº Manuel Lardizabal, 1 - 20018 Donostia-San Sebastián), aínda que se pode seguir tamén en directo: https://ehutb.ehu.es/canal2
Información na web da Universidade do País Vasco: http://www.ehu.eus/ehusfera/ifbloga/2017/10/25/6650/
Máis información sobre o evento nacional conmemorativo promovido pola CODDII para a celebración do 40 aniversario da posta en marcha dos estudos universitarios oficiais de Informática en España: