Pasar al contenido principal

A análise o intrusismo profesional nunha xornada organizada por Unión Profesional de Galicia

Logo Unión Profesional de Galicia

A Unión Profesional de Galicia, mediante convocatoria aberta a colexios profesionais, representantes de asociacións de consumidores ou pacientes, e poboación en xeral programa unha xornada sobre intrusismo profesional para o vindeiro día 22 do presente mes de novembro. Entre os relatores convidados figura o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez.

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá o encontro, que abordará a situación do intrusismo profesional en Galicia co obxectivo de propoñer solucións para combater esta práctica. Nunha das mesas redondas previstas, intervirá o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo.

 

D. Rafael Muiños Moreno, Presidente ou José Ángel Raña Caamaño, Vicepresidente. Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña e Pontevedra.

o  Beneficios da colexiación para os usuarios. Importancia da calidade en traballos e proxectos.

o  Implicacións na seguridade física e xurídica das persoas.

o  Lei de Servizos Profesionais. Importancia da regulación das profesións

o  Relación da Administración cos consumidores e cos colexios desde a perspectiva da protección ao usuario.

Representante Instituto Galego de Consumo.

o  Perigos do intrusismo e importancia dos colexios e da regulación das profesións desde a perspectiva do consumidor.

Rosa Celia Otero Raña. Presidenta Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema

-                     PREGUNTAS/DEBATE (30min)

María Rosa Álvarez Prada. Decana Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

o  Abordaxe do emprego precario e dos dereitos laborais.

o  Competencia desleal entre titulacións. Problemática de competencias grao-postgrao - titulacións non oficiais - titulacións que non habilitan para exercicio profesional.

-       Representante Administración - Inspección Consellería Sanidade (12min). Inmaculada Martín Biedma, subdirectora xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios.

o  Regulación das profesións sanitarias e dos establecementos sanitarios. Compromiso da administración.

-       Representante Instituto Galego de Consumo (12min).

o  Problemática relativa á publicidade sanitaria.

-       Asociación Pacientes Afectados por intrusismo sanitario(12min).

o  Beneficios da colexiación para a sociedade / para a saúde pública. Consecuencias do intrusismo sanitario.

-                     PREGUNTAS/DEBATE (30min)

Antonio Macho Senra. Presidente Unión Profesional de Galicia.