Pasar al contenido principal

As persoas colexiadas xa poden acceder ás condicións preferentes nas tarifas de Galicia Business School

Acordo Galicia Business School

 

A pasada semana formalizouse o acordo entre Atlántica Escuela de Gestión Empresarial, cuxa marca empresarial é Galicia Business School, e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Asinaron o acordo Eduardo García Erquiaga, director da entidade formativa, e Fernando Suárez, presidente do Colexio.

Galicia Business School ofrécelles ás persoas colexiadas unha bolsa-desconto do 15% sobre o prezo total do programa destinado a profesionais. Tamén ao abeiro do acordo asinado recentemente, as persoas colexiadas poderán beneficiarse dunha bolsa do 50% no programa Executive MBA 2017-2018, ideada para profesionais cun mínimo de 8 anos de experiencia profesional e que na actualidade desempeñan funcións directivas.

Así mesmo, a entidade formativa ofrece outra bolsa coa mesma porcentaxe de desconto  no programa MBA dirixido a profesionais en exercicio e outras dúas cos mesmos beneficios no Máster en Marketing e Marketing Dixital. Aquelas colexiadas ou colexiados emprendedores poden presentarse a unha bolsa de ata o 70% de desconto neste último máster.

Mediante a rúbrica do acordo con Galicia Business School, o CPEIG afianza as súas alianzas dirixidas a ofrecerlles máis e mellores vantaxes ás colexiadas e colexiados.