Pasar al contenido principal

Asinamos un acordo coa Escuela de Finanzas para facilitarlles descontos vantaxosos en formación ás persoas colexiadas

Escuela de Finanzas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Escuela de Finanzas (EF) asinaron recentemente un convenio de colaboración que supón diferentes vantaxes para as persoas colexiadas. Por parte da Escuela de Finanzas asinou a directora xeral, Patricia Muíño, e en representación do Colexio fíxoo o seu presidente, Fernando Suárez.

Ao abeiro do acordo, EF ofrécelles ás colexiadas e colexiados un desconto do 10 por cento do importe do Máster  que realice, agás no caso do Máster de control de Xestión, no que o desconto será do 5%. Os dereitos de exame nos máster nos que haxa unha certificación serán por conta dos interesados en obtela. 

De acordo co texto asinado, as colexiadas e colexiados deberán cumprir os requisitos académicos e/ou profesionais que requira o proceso de admisión  de certos posgraos que así o solicitan.