Pasar al contenido principal

Colaboramos coa IV edición local da Olimpíada Internacional de Robótica que se celebrará o 30 de xuño na Cidade da Cultura

WRO 2018

O próximo 30 de xuño, de 9:00 a 15:00 horas, celebrarase a IV edición local da WRO, Olimpíada Internacional de Robótica, na Cidade da Cultura no Gaiás, iniciativa organizada polo CPEIG, FEGAMP e Arkitas Robótica. 

A WRO é unha Olimpíada na que nenos e nenas de Educación Primaria, ESO e Bacharelato compiten cos seus robots en distintas categorías e retos segundo idades. Esta competición conta cunha fase local, unha nacional, que este ano será en Platja d’Aro, Girona, e a internacional, que terá lugar en Tailandia en novembro de 2018. 

Na segunda edición, clasificouse un colexio da Coruña na nacional en Logroño, conseguindo unha praza na internacional de Nova Delhi. Para informarse sobre os retos da WRO e a realización de inscricións, poden dirixirse á páxina http://www.wroboto.es/

Ademais da WRO e, pensando naqueles que non compitan nesta e queiran probar outras especialidades, celébrase o II Campionato de Sumo Arkitas e o I Campionato de Bolos Robóticos. Para informarse sobre as bases e inscribirse ao Campionato de Sumo ou ao de Bolos, ou para calquera dúbida ou ampliación de información sobre a WRO, desde Arkitas Robótica, como socios locais da WRO e organizadores das distintas actividades do evento do 30 de xuño, están á súa disposición en info@arkitas.es.