Pasar al contenido principal

CPEIG e AMTEGA organizan máis de 40 xornadas este verán para fomentar o talento dixital da mocidade galega nas Aulas CeMIT

Xornadas robótica e drons

Impartiranse talleres sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos en concellos das catro provincias

Francisco Rodríguez, responsable do CPEIG do programa "Tech Kids": "A mocidade deberá superar distintos retos, ao tempo que desenvolverá competencias persoais como a creatividade e o interese pola ciencia e tecnoloxía" 

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan nestes meses de verán –finais de xullo, agosto e setembro– unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos enmarcadas no programa "Tech Kids", destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.

 

Organizaranse máis de 40 xornadas nas Aulas CeMIT en diversos concellos das catro provincias galegas (Fisterra –mañá venres-20 de 9 a 14 horas na Aula de Deportes do Concello de Fisterra–, Arzúa, Bande, Carballedo, Beariz, Brión, Boiro, Ortigueira, Leiro, Guitiriz, Tomiño, Padrón, Xunqueira de Ambía, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Santa Comba, Coruña, Cuntis, San Sadurniño, Cerceda, Abegondo, Valga, Celanova, Pontedeume, Ribadeo, Pontevedra, Vimianzo –outros pendentes de confirmación). Os mozos e mozas interesados en participar nestas xornadas deben inscribirse na Aula CeMIT da súa localidade.

 

O tesoureiro do CPEIG e responsable do programa "Tech Kids", Francisco Rodríguez, sinala que tanto o Colexio profesional como Amtega teñen como obxectivo fomentar o "talento dixital" das nenas e nenos de toda Galicia. De feito, indica que moitos dos empregos actuais desaparecerán –sobre un 43% dos postos de traballo actuais– e haberá novos traballos con competencias no ámbito dixital.  En concreto, explica que estes talleres pretenden mellorar a conciencia entre a xente nova de que a aplicación de computación e codificación para os problemas sociais reais pode axudar a cambiar o mundo.

 

O representante do CPEIG apunta que nestas sesións celebraranse competicións nos distintos ámbitos do programa "Tech Kids": programación, robótica, manexo de drons, creación de personaxes para videoxogos..., de xeito que se ofreza aos mozos e mozas unha oportunidade para achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática. "A mocidade deberá superar distintos retos e desafíos, aprendendo e poñendo en práctica o seu talento dixital e amosando a súa capacidade de resolución de problemas, ao tempo que desenvolverá competencias persoais como a creatividade e o interese pola ciencia e tecnoloxía" –destaca–.

 

 

Tamén se fará fincapé no fomento do talento dixital feminino, para que as nenas e rapazas vexan a computación e a enxeñería como algo propio delas e consideren a profesión de enxeñaría en informática como un traballo que as axudará a acadar os seus soños e ambicións.

 

Desafíos en programación e electrónica

 

Nas xornadas de retos de programación e robótica (Stem Scape Room), os desafíos para os participantes xirarán ao redor da iniciación á programación con escornabot, printbot ou programación de videoxogos con makey makey.

 

O reto da programación con escornabot consistirá en percorrer un circuíto con obstáculos levando dun punto a outro o robot. Os rapaces terán que programar o escornabot para que evite as dificultades e consiga chegar á meta dunha soa peza. A finalidade deste taller é iniciar aos nenos e nenas nos primeiros conceptos da programación, análise, resolución e ordenación.

 

O reto da programación con printbot consistirá en programar un código que se executará no robot, que terá unha electrónica capaz de seguir unha liña negra sobre un fondo branco. Os máis pequenos aprenderán a programar cunha linguaxe visual o código preciso para que o robot sexa capaz de seguir a liña.

 

E no reto da programación de videoxogos con makey makey, os cativos usarán esta ferramenta para achegarse á electrónica creando un proxecto no que se simulará o xogo de mesa de operación. Utilizando como linguaxe de programación o scratch, os participantes programarán o seu propio videoxogo de operación.

 

Piloto de drons, unha das profesións máis de moda

 

Co auxe actual dos drons e o aumento de ofertas de traballo relacionadas con esta tecnoloxía, na que se fan tarefas de de mantemento, entregas a domicilio ou traballos audiovisuais con drons, a xornada de iniciación na pilotaxe de drons está destinada a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos que coñecerán as súas partes, como se montan e como son capaces de voar. Tamén farán unha práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft –para entender os controis e movementos– e un dron co que percorrerán un circuíto e mesmo competirán entre eles.

 

Do deseño na fase de Concept Art ata o modelado en 3D

 

E a última das xornadas, titulada "Deseña a túa personaxe", estará destinada á creación de personaxes para videoxogos. Os máis pequenos aprenderán a crear un personaxe desde o seu deseño na fase de Concept Art ata o seu modelado en 3D. Ademais, coñecerán os trucos necesarios para enfrontarse aos puntos clave do proceso, como son a anatomía, dimensións, proporcións, sensacións que debe transmitir, así como a ambientación e historia do personaxe. 

 

 

XORNADAS TECH KIDS VERÁN 2018

20 de xullo

Xornada de pilotaxe de drons

Fisterra. Aula de Deportes do Concello de Fisterra (Rúa Santa Catalina, 1). 9 a 14 horas

23 de xullo

Xornada de robótica

Arzúa. Aula CeMIT (Edificio de Servicios Múltiples. Rúa de Lugo, 45) 9 a 14 horas

24 de xullo

Xornada de robótica

Bande. Aula CeMIT (Casa do Concello, 1º andar. Rúa San Roque, 2). 9 a 14 horas

27 de xullo

Xornada de robótica

Carballedo. Aula CeMIT (Praza Victor Portomeñe). 9:30 a 14:30 horas

30 de xullo

Xornada de robótica

Beariz. Aula CeMIT (rúa San Pedro, 2). 16 a 21 horas

31 de xullo

Xornada de robótica

Brión. Aula CeMIT (Carballeira de Santa Minia, 2). 9 a 14 horas

13 de agosto

Xornada de robótica

Boiro. Aula CeMIT (Centro Social, 1º andar. Rúa Principal s/n). 9 a 14 horas

14 de agosto

Xornada de robótica

Ortigueira. Aula CeMIT (Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n). 9 a 14 horas

20 de agosto

Xornada de robótica

Leiro. Aula CeMIT (Rúa Padre Eiján s/n). 16 a 21 horas

23 de agosto

Xornada de robótica

Guitiriz. Aula CeMIT (Rúa do Concello, s/n). 9 a 14 horas

27 de agosto

Xornada de robótica

Tomiño. Aula CeMIT (Campo da feira s/n). 9 a 14 horas

27 de agosto

Xornada de pilotaxe de drons

Padrón. Aula CeMIT (Rúa Mollet del Valles, 4-6). 9 a 14 horas

28 de agosto

Xornada de pilotaxe de drons

Xunqueira de Ambía. Aula CeMIT (Colexio Padre Crespo). 16 a 21 horas

29 de agosto

Xornada de robótica

O Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do Concello 2, 2º andar). 9 a 14 horas

29 de agosto

Xornada de pilotaxe de drons

Ribeira. Aula CeMIT (Rúa 1 Cubeliño 20 baixo Ribeira). 9 a 14 horas

30 de agosto

Xornada de pilotaxe de drons

Santa Comba. Aula CeMIT (Centro Multiusos. Rúa Curros Enríquez, s/n). 9 a 14 horas

31 de agosto

Xornada de robótica

A Coruña. Aula CeMIT (Centro Cívico de Eiris, 1º planta. Rúa Terranova de Eirís, 7). 9 a 14 horas

1 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Cuntis. Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 9 a 14 horas

3 de setembro

Xornada de robótica

Betanzos. Aula CeMIT. Oficina municipal de información xuvenil (rúa Emilio Romay, 1). 9 a 14 horas

3 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Leiro. Aula CeMIT (rúa Padre Eiján s/n). 15 a 20 horas

4 de setembro

Xornada de robótica

Marín. Aula CeMIT. Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos (Avda de Ourense, 8). 9 a 14 horas

4 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

O Vicedo. Aula CeMIT (Travesía da mariña, 57). 9 a 14 horas

5 de setembro

Xornada de robótica

O Porriño. Aula CeMIT  (Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n). 15 a 20 horas

5 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Ortigueira. Aula CeMIT (Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n). 9 a 14 horas

6 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

O Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do Concello 2, 2º andar). 9 a 14 horas

7 de setembro

Xornada de robótica

San Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11) 9 a 14 horas

7 de setembro

Xornada "Deseña o teu personaxe"

Pontevedra. Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran Vía de Montero Ríos s/n). 15 a 21 horas

8 de setembro

Xornada de robótica

Cuntis. Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 9 a 14 horas

8 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

San Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11) 9 a 14 horas

8 de setembro

Xornada "Deseña o teu personaxe"

Celanova. Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 9 a 15 horas

10 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Cerceda. Aula CeMIT (Vila Deportiva Fernando González Laxe, s/n, 1º Andar). 9 a 14 horas

10 de setembro

Xornada de robótica

Abegondo. Aula CeMIT (Casa do Concello. Rúa San Marcos, 1). 9 a 14 horas

11 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Valga. Aula CeMIT (Ferreirós, 1 Cordeiro). 9 a 14 horas

11 de setembro

Xornada de robótica

Fisterra. Aula de Deportes do Concello de Fisterra (Rúa Santa Catalina, 1). 9 a 14 horas

12 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Celanova. Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 16 a 21 horas

12 de setembro

Xornada de robótica

Pontedeume. Aula CeMIT (Centro FOREMDES. Av. Ricardo Sánchez, 6). 9 a 14 horas

13 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Ribadeo. Sala de Cultura (Casa Viejo Pancho, 12). 9 a 14 horas

13 de setembro

Xornada de robótica

Pontevedra. Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran Vía de Montero Ríos s/n). 15 a 20 horas

14 de setembro

Xornada de pilotaxe de drons

Vimianzo. Aula CeMIT (Casa da Cultura. Rúa A Braña, s/n). 10 a 15 horas

14 de setembro

Xornada "Deseña o teu personaxe"

Narón. Aula CeMIT (Antiga Casa do Concello. Praza do Concello, s/n). 15 a 21 horas

15 de setembro

Xornada "Deseña o teu personaxe"

Leiro. Aula CeMIT (rúa Padre Eiján s/n). 15 a 21 horas

21 de setembro

Xornada "Deseña o teu personaxe"

Guitiriz. Aula CeMIT (Rúa do Concello, s/n). 15 a 21 horas

22 de setembro

Xornada "Deseña o teu personaxe"

Pontedeume. Aula CeMIT (Centro FOREMDES. Av. Ricardo Sánchez, 6). 9 a 15 horas