Pasar al contenido principal

O CPEIG participa nunha xornada sobre transformación dixital nas empresas organizada polo Club Financiero de Santiago

Transformación dixital

A transformación dixital é un dos conceptos de actualidade no mundo empresarial. Estamos antes unha nova revolución industrial marcada pola implantación de ferramentas tecnolóxicas que modifican o tradicional modelo de empresa e cultura corporativa. Para evitar caer en fracasos dixitais, o Club Financeiro de Santiago organizou ou II Foro Internacional sobre Transformación Dixital co obxectivo de proporcionar aos empresarios galegos as claves para afrontar con éxito os procesos de dixitalización. O evento contou co apoio do IGAPE, Jael Xoiaría-Montblanc, Banco Santander e a colaboración de Luckia e Norlean. 

Durante a xornada un panel de expertos a nivel nacional, encabezado por Carlos Grau, director xeral de Mobile World Capital Barcelona, abordou cuestións como a industria 4.0, a ciberseguridade, a mobilidade ou o Big Data. A xornada finalizou cunha mesa redonda na que interveu Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Gerardo García Alvela, director xeral de Itelsis e Daniel Prieto, socio de Norlean. O conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, foi o encargado de clausurar o acto que congregou a un centenar de empresarios.