Pasar al contenido principal

Dúas xornadas de "Navega con rumbo", un taller de pilotaxe de drons e o debate sobre "Ética e Tecnoloxía" na Mobile Week Coruña

Mobile Week Coruña 1

O CPEIG participa na programación da Mobile Week Coruña, o evento tecnolóxico máis importante do mundo no seu sector que se celebrará do 21 ao 28 de novembro.

Ofrecerá dúas xornadas do programa Navega con rumbo, destinado a alumnado, docentes e familias. Celebraranse o sábado, 24 de novembro, ás 11:00 horas e ás 17:00 horas en ExpoCoruña. Por unha banda, o programa está encamiñado directamente aos escolares para guialos cara unha navegación segura, responsable e útil en internet e, deste xeito, previr que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso; e doutra banda, tamén fai partícipes aos pais, nais e profesores das recomendacións precisas e que, a súa vez, actúen como correa de transmisión.

Ademais, o Colexio organizará un taller sobre o pilotaxe de drons para nenos e nenas, o sábado 24 de novembro, ás 16:00 horas en ExpoCoruña. E finalmente, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e a experta en seguridade en internet e membro da Xunta directiva do CPEIG, Pilar Vila Abendaño, participarán na mesa de debate sobre "Ética e tecnoloxía", o sábado, 24 de novemebro, no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Mobile Week Coruña formula unha programación transversal e gratuíta que contará con máis de 40 actividades, 100 relatores, artistas e talleristas, e desenvolverase en 20 espazos da cidade da Coruña, a súa área metropolitana e Santiago de Compostela. Todas elas serán gratuítas y para toda a cidadanía. Mobile Week Coruña é unha iniciativa que fusiona arte, ciencia e tecnoloxía para crear espazos de reflexión colectiva sobre transformación dixital e o seu impacto na sociedade actual. O futuro cotiá convértese no eixe temático da iniciativa situando o cidadán no centro da revolución tecnolóxica.

Máis información: https://www.mobileweekcoruna.com/es/eventos/