A vindeira semana, o xoves 17 de outubro, celebrarase a primeira edición do evento sobre seguridade dixital na empresa de Galicia, CyberSec@GAL, iniciativa que o Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia (CPEIG) organiza coa cátedra R en Ciberseguridade, en colaboración coa AMTEGA, as Universidades de Vigo e da Coruña, Gradiant, Hijos de Rivera, Emetel, Abanca e o COETG. Terá lugar no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, entre as 9:00 a 14:00 h.
O evento ten coo obxecto dar as claves para manter segura as empresas dixitais da man de expertos nacionais:
• Estratexia Nacional de Seguridade, Xeral M.Ángel Ballesteros, Responsable Dpto. Nacional de Seguridade.
• Ciberseguridade na transformación dixital, Belén Pérez, BALIDEA, Lilian Adkinson, GRADIANT, Rosa Seoane, ABANCA, Pilar Vila FORENSIC & SECURITY e Susana Rey, Grupo Euskaltel
• Ciberseguridad na PEME – como obviar a falta de recursos e mitigar os riscos, Eduardo Maestranza, GARTNER.
• Oportunidades de investimento en Ciberseguridade da Unión Europea, Marina Martínez-García, Axencia Española da Innovación.
Durante esta xornada entregaranse os Premios ao Reto, Traballo Fin de Grao, Traballo Fin de Mestrado e Doutoramento.
Nesta ligazón pódese ver o programa completo. Os colexiados e colexiadas en asistir ao evento poden inscribirse mandando un correo electrónico a catedraRciberseguridade@mundo-r.net. indicando nome, apelidos e empresa.
Pero de maneira previa, o evento contará tamén con tres xornadas de talleres, ciber-retos e charlas, do 14 ao 16 de outubro, dirixidas a estudantes e recén licenciados que van a participar nestes obradoiros sobre introdución á auditoría dos dispositivos IoT/IIoT mediante Shodan e a analizar vulnerabilidades en contornos Windows e Linux. Haberá, ademais, unha charla e formularase o reto de Ciberseguridad de Gradiant e Hijos de Rivera.