Pasar al contenido principal

Fállanse os premios da Sociedad Científica Informática de España – Fundación BBVA que distinguen a investigadores galegos

Adrián Pérez Diéguez

Na súa edición de 2020, os Premios de Investigación da Sociedad Científica Informática de España (SCIE) – Fundación BBVA distinguen a varios investigadores galegos: 

-A empresa TORUSWARE obtivo o Premio Ramón Llull. O CPEIG ofreceu o seu respaldo a esta candidatura enviando á organización dos premios unha "Carta de apoio" 

-Senén Barro Ameneiro, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela e director científico de Citius - Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes obtivo o Premio José García Santesmases 

Na categoría de Investigadores Jóvenes Informáticos foron premiados: 

-Adrián Pérez Diéguez, Digital Marketing Data Head en Zara.com (Inditex). Este pontevedrés xa foi gañador do Premio Proxecto Fin de Carreiro da sexta edición de A Noite do CPEIG en 2014 

-Daniel Valcarce, Software Engineer en Google 

Máis información