Pasar al contenido principal

Aberta a preinscrición para o Mestrado Online en Tratamento e Protección de Datos da USC e o CESEG, no que colabora o CPEIG

Master tratamento e protección de datos

O CPEIG colabora na organización do Mestrado Online en Tratamento e Protección de Datos, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), que se celebrará de outubro de 2020 a xaneiro de 2022. 

Ten como obxecto esencial mellorar a formación dos titulados superiores que se encontren desenvolvendo ou que pretendan desenvolver a súa actividade profesional no campo da seguridade e na xestión e tratamento de datos, tanto en organizacións ou institucións públicas como privadas, sexan estas nacionais ou internacionais. 

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, forma parte do profesorado do mestrado que terá aberto o seu prazo de preinscrición ata o 31 de agosto. 

Máis información: https://www.masterprotecciondatos.com/