Pasar al contenido principal

O CPEIG e Ageinco asinan un convenio de colaboración para promover a defensa e apoio da enxeñaría informática en Galicia

Firma do convenio entre AGEINCO e CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Asociación
Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco)
veñen de asinar un convenio de colaboración. A finalidade deste acordo é a
cooperación entre as dúas institucións e entre os seus membros, en todas aquelas
actuacións que poidan resultar de interese mutuo.
Entre as actuacións nas que van colaborar as dúas entidades destaca o
desenvolvemento e promoción da enxeñaría informática en Galicia, así como a
posta en valor da enxeñaría informática en todo o territorio galego.
Por outro lado, búscase exercer a representación da profesión de maneira conxunta
fronte a todo tipo de organismos públicos, en particular no relativo á defensa da
mesma. As dúas institucións pretenden ademais contribuír ao perfeccionamento das
ensinanzas da enxeñaría informática e a formación no ámbito galego.