Pasar al contenido principal

O colexio asiste ao acto de fin de carreira da Facultade de Informática da Universidade da Coruña

Logotipo da Universidade da Coruña

O pasado sábado 28 de xuño celebrouse no salón de actos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña o acto de despedida dos/das recén titulados/as en Enxñaría en Informática e no Máster en Informática.

Á celebración os xa ex-alumnos e ex-alumnas asistiron coas súas mellores galas e acompañados de numerosos familiares e amigos.

En representación do CPEIG, asistiron o Presidente e o Secretario do colexio. Por parte da Universidade da Coruña asistiron o Rector e o Decano da Facultade de Informática.

Durante o seu discurso, o Presidente do CPEIG expuxo o momento decisivo que está a atravesar a Enxeñaría en Informática, así como os retos maís inmediatos dos futuros profesionais.

No cóctel posterior ao evento os representantes do CPEIG debatiron animadamente co Rector e o Decano sobre a actualidade da titulación.