Pasar al contenido principal

Máster en Consultoría de Software Libre da Universidade de Vigo

Logotipo da Universidade de Vigo.

Nos últimos anos maniféstase en todo o mundo un crecente interese polo desenvolvemento e implantación de solucións de software libre no ámbito empresarial.

Que o software libre é un modelo interesante e válido para a empresa o confirma o feito de que grandes empresas como Sun Microsystems, IBM, Novell, HP e outras están realizando grandes investimentos e orientando os seus modelos de negocio cara a esta vía.

A constatación de que existía unha necesidade formativa e de mercado que non se estaba a cubrir, levaron a que a ESEI apostara e propuxera a implantación deste Máster en Consultoría de Software Libre

Información xeral

Inscripción e matrícula

  • Prazo de preinscripción curso 2008/2009: 1 de xullo ao 14 de agosto.
  • Prezos públicos universitarios que estableza o Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no
  • ensino universitario no curso 2008/2009.
  • Posibilidade de matrícula en réxime de formación continua (materias soltas, sen acadar o título de máster) en caso de non cubrirse as prazas.
  • Preinscripción online: https://matricula.uvigo.es/

Módulos

I - Tecnoloxías e frameworks de desenvolvemento de software libre.
II - Ferramentas de software libre para intelixencia de negocio.
III - Administración e Dirección das TIC.
IV - Seguridade e lexislación.

Titulados con acceso ao máster

  • COLECTIVO 1: Titulados do Sistema Universitario Español. PreferentementeEnxeñeiros en Informática, Enxeñeiros Técnicos en Informática de Xestión e Enxeñeiros Técnicos en Informática de Sistemas, aunque tamén poderán solicitar praza os titulados de outras titulacións (ver web do máster).
  • COLECTIVO2: Titulados universitarios de países estranxeiros.
    • Estranxeiros con título equivalente aos do Colectivo 1.
    • Estranxeiros con título homologado aos do Colectivo 1.
  • Ademáis, según o RD56/2005 teñen acceso aos estudos de Máster os alumnos das titulacións de Enxeñeiro Informático, Enxeñeiro Técnico en Informática deXestión, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas ou Enxeñeiro de Telecomunicacións que cursen polo menos 180 créditos de primeiro ciclo, sempre que estean comprendidos nestes 180 créditos o conxunto de materias troncais e obrigatorias.

Máis información

Pode obterse máis información (programa, criterios de admisión,...) no enderezo http://www.masterconsultoria.es ou en info@masterconsultoria.es.