Pasar al contenido principal

España contará cun 32% menos de titulados TIC

Logotipo Enxeñeria en Informática

De acordo co estudo realizado pola Cátedra Everis da Universidad Politécnica de Cataluña (UPC), España contará cun 32% menos de titulados en carreiras relacionadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ano 2010.

O informe, difundido por EFE, sinala que a tendencia alcista da matriculación en carreiras técnicas se mantivo ata 2006. Non obstante, dende entón advertiuse unha importante diminución de matriculacións no primeiro ano das carreiras, que segundo Everis foi do 44% para Informática de Xestión, do 31% en Telecomunicacións e do 21% para Enxeñaría en Informática.

A situación podería agravarse no futuro, xa que o número de estudantes que elixen o bacharelato tecnolóxico caeu un 38%. Para Everis, estes retrocesos débense á demografía, a imaxe da profesión, a percepción do salario e o sistema educativo.

EFE recorda que o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación estimou que faltan entre 25.000 e 30.000 profesionais deste ámbito no país.