Pasar al contenido principal

Fotografías e vídeo da gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Fotos e vídeo A NOITE 2022

Xa está dispoñible na web da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia do CPEIG a FOTOGALERÍA da gala do pasado 1 de xullo. Ademais, pódese ver ao completo o desenvolvemento do evento TIC por excelencia de Galicia, coa entrega dos premios anuais da profesión, presentada por Raúl Pérez cos seus sketchs humorísticos, o discurso institucional do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e a actuación musical do grupo Queen Forever Tribute (VÍDEO).