Pasar al contenido principal

A privacidade de datos, temática distinguida co Premio CPEIG no Congreso XoveTIC do CITIC nun traballo de mozos investigadores da UDC

Entrega premios Xove TIC do CITIC

O persoal investigador mozo de España e Portugal, que traballa no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), deuse cita a principios de outubro no  Congreso XoveTIC, que organiza o CITIC da UDC por quinto ano consecutivo. Máis de 50 proxectos de intelixencia artificial, Big Data, computación de altas prestacións, servizos e redes intelixentes e ciberseguridade déronse a coñecer neste encontro. Ao acto de entrega de premios asistiu a vogal do CPEIG, María Pilar Vila Avendaño.

O Premio CPEIG, que recibe este nome polo patrocinio aportado polo Colexio profesional para este recoñecemento, distinguiu nest edición a “Testing and Analysis of Self-Sovereign Decentralized Digital Identity Technology”, proxecto dos mozos investigadores da UDC Pablo Santos, Martiño Rivera y José M. Vázquez¡, sobre análise de tecnoloxía de identidade dixital no que se desenvolveu un prototipo para esta finalidade.