Representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará en Madrid do 24 ao 26 de marzo
Onte pola tarde celebrouse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC) a Olimpíada Informática Galega (OIG 2023), organizada polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), as tres universidades públicas galegas e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC).
No certame participaron unha trintena de estudantes de educación secundaria –ESO–, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de dezaseis centros educativos e residentes na Coruña, A Estrada, Foz, Ferrol, A Baña, O Barco de Valdeorras, O Porriño, A Merca, Ourense, Ames, Santiago, Teo, Vedra e Vigo.
Os dous finalistas galegos acudirán á Fase Nacional que se celebrará do 24 ao 26 marzo en Madrid. O propósito das probas nacionais é seleccionar estudantes para participar na Olimpíada Internacional de Informática 2023 que este ano terá lugar do 28 de agosto ao 4 de setembro en Szeged (Hungría).
A OIG 2023 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: AWS (Amazon-Apser), Concello de Coruña, Dinahosting, DXC Technology, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Sixtema e Veritas. Grazas a estas entidades patrocinadoras, o certame contou con premios adicionais para os seis primeiros clasificados. Con posterioridade, celebrarase un acto de entrega de premios (data pendente de confirmar).
Os premios foron os seguintes:
-1º clasificado, Óscar Carballo Puebla: 400 euros e asistencia á XXVII Olimpíada Informática Española.
-2º clasificado, Pedro Rey Anca: 300 euros e asistencia á XXVII Olimpíada Informática Española.
-3º clasificado, Isabel Villar García: 250 euros.
-4º-6º clasificados, Juan Pablo Pardo Pérez, Mario Prada Rodríguez e Hugo Domínguez Conde: 200 euros para cada un.
-Mellor programadora feminina, Isabel Villar García: 150 euros.
-Mellor participante da ESO, Mario Prada Rodríguez: 150 euros.
POSTO |
NOME |
PROBLEMAS RESOLTOS |
DATA DO ÚLTIMO ENVÍO ACEPTADO |
1º |
Óscar Carballo Puebla Colexio Liceo La Paz A Coruña (natural de Castro de Rei) |
7 |
18:42 |
2º |
Pedro Rey Anca IES Saturnino Montojo Ferrol |
4 |
18:26 |
3º |
Isabel Villar García CPR Colexio Manuel Peleteiro Santiago (natural de Teo) |
3 |
17:47 |
4º |
Juan Pablo Pardo Pérez CPR Colexio Manuel Peleteiro Santiago |
3 |
18:48 |
5º |
Mario Prada Rodríguez IES Martagisela O Barco de Valdeorras |
3 |
19:33 |
6º |
Hugo Domínguez Conde CPR Colexio Manuel Peleteiro Santiago (natural de Vedra) |
3 |
19:46 |