Pasar al contenido principal

O CPEIG ofreceu unha charla sobre navegación segura e uso responsable de internet para as nenas e nenos ingresados no CHUS

Charla na Aula Hospitalaria do CHUS

Celebrouse o luns, 26 de xuño, na Aula Hospitalaria do hospital de Santiago, en colaboración con ASANOG, e impartida polo presidente Fernando Suárez

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o luns, 26 de xuño, unha charla sobre navegación segura e uso responsable de internet para as nenas e nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

A charla, organizada en colaboración coa Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG), foi impartida polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez.