O vindeiro sábado, 29 de xullo, o CPEIG organiza unha nova xornada de convivencia ao aire libre para familias no parque Tambre Golf en Sigüeiro (https://www.tambregolf.com/). Na xornada haberá as seguintes actividades:
•    Bautismo de Golf
•    Juego Petanca
•    Tenis de mesa
•    Paseo a pié Río Tambre
•    Cabalos
•    Kayak
Inclúese a comida no propio recinto (empanada e croquetas, tortilla, ensalada e truchas, auga ou viño mencía, tarta da aboa con crema de flor de toxo e café).
O prezo será de 10€ adulto (menores de balde).
A planificación será a seguinte, aínda que pode sufrir modificacións en función do número de asistentes: 
•    12:00 Hora de chegada.
•    12:00-14:30 bautismo de golf, petanca, tenis de mesa.
•    14:30-16:00 comida
•    16:00 - 20:00 cabalos, kayak
Haberá tamén música e unha charla motivacional.
Podes inscribirte nesta ligazón.