Pasar al contenido principal

A Fundación GoodJob organiza un webinar o 18 de outubro sobre o seu Programa de Voluntariado #IMPACT

Voluntariado Fundación GoodJob

A Fundación GoodJob celebrará o vindeiro mércores, 18 de outubro, un webinar sobre as súas accións de voluntariado, “Programa de voluntariado #IMPACT”, onde explicará os seus programas de base tecnolóxica, así como o labor das persoas voluntarias, os distintos roles que se poden ocupar e como facerse voluntarios e voluntarias. O encontro dixital comezará ás 18:00 horas. 

Participarán o presidente do CCII e do CPEIG, Fernando Suárez; a responsable de Voluntariado da Fundación GoodJob, Rocío Lago; así como o director xeral da Fundación Goodjob, César López; e o director académico dos Programas #Impact, Román Ramírez. 

A Fundación dedícase á integración laboral de persoas con discapacidade e leva máis de 8 anos traballando con este colectivo. Logrou que preto de 550 persoas se prepararan no sector  tecnolóxico grazas aos Programas #IMPACT e o 70% delas atoparan un emprego.

Estes programas #IMPACT de empregabilidade son completamente gratuítos e realízanse de forma online. Están destinados a desenvolver competencias no sector da ciberseguridade, cloud, Big data e programación básica, algúns dos sectores tecnolóxicos con máis demanda de emprego na actualidade. En concreto, neste webinar explicarase como se pode axudar ás empresas no cumprimento da Lei Xeral de Discapacidade sobre a contratación deste colectivo.

Inscríbete