Pasar al contenido principal

O CPEIG e Vitae Consultores celebrarán o 23 de novembro unha xornada sobre avaliación, selección, captación e retención de perfís profesionais TI

Xornada con Vitae

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Vitae Consultores organizarán o vindeiro 23 de novembro un evento formativo gratuíto sobre 'Avaliación, selección, captación e retención de perfís TI'. O acto celebrarase de 18:00 a 20:00 horas no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. 

Falarase das claves para seleccionar e captar a estes e estas profesionais, ademais de como retenelos, motivalos e evalualos desde dous puntos de vista, o científico que nos proporciona a psicoloxía do trabajo e o punto de vista de RRHH, é dicir, do día a día, pois con só un punto de vista non se poderán conseguir resultados fiables nin perdurables no tempo. A xornada estará impartida polo socio director de Vitae, Marcos Carbonell. Os interesados en participar deben inscribirse en informacion@cpeig.gal.