Pasar al contenido principal

Un congreso internacional visibilizará o talento disruptivo feminino o 6 e 7 de febreiro na Reitoría da Universidade da Coruña

Inspiring Women Leaders in the Digital Era

A fundadora de W Startup Community, Teresa Alarcos, e un equipo promotor galego, do que forma parte o presidente do CPEIG, impulsan a novena edición de ‘Inspiring Women Leaders in the Digital Era’ 

Líderes empresariais de Volvo Car, Greenalia, MasOrange ou Xtech Investment participarán no evento

A 9ª edición de ‘Inspiring Women Leaders in the Digital Era’, iniciativa liderada por Teresa Alarcos, presidenta e fundadora de W Startup Community, e un equipo promotor galego comprometido coa innovación e o emprendemento feminino, celebrarase os días 6 e 7 de febreiro na Reitoría da Universidade da Coruña (UDC).

O evento naceu coa misión de dar visibilidade ao talento innovador feminino, inspirar novas vocacións en tecnoloxía e unir iniciativas locais e internacionais co mesmo propósito. Ademais de ser un espazo de aprendizaxe e debate, esta edición convértese nunha plataforma única para facer negocios, conectar con inversores e transformar ideas en proxectos reais.

Un equipo promotor galego con visión global

Xunto a Teresa Alarcos, esta edición foi impulsada desde Galicia por Pilar Vila, experta en ciberseguridade, CEO de Forensic & Security e vogal do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG); Noela Burés, fundadora de Qualinnova e especialista en innovación sostible; e Fernando Suárez, presidente do CPEIG e do Consejo General de Colegios de Ingeniería Informática de España.

Este equipo traballou para que Galicia se converta en epicentro do liderado feminino en tecnoloxía, conectando a empresarias, inversores e profesionais da innovación con redes globais de financiamento e emprendemento.

Un programa con líderes empresariais e oportunidades de investimento

Durante dous días, o evento reunirá a altos directivos, inversores e emprendedoras de primeiro nivel:

  • José María Galofré, CEO de Volvo Car España.
  • Beatriz Mato Otero, conselleira executiva en Greenalia.
  • Cristina Carrascosa, avogada especializada en blockchain e CEO de ATH21.
  • Yael H. Oaknin, cofundadora de TokenCity, experta en tokenización.
  • Luz Usamentiaga, directora de Regulación e Sustentabilidade en MasOrange e presidenta da Fundación Euskaltel.
  • Patricia González, Manager de Xtech Investment.
  • Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
  • Frederic Fernández, cofundador e CMO de Dextools.

O  programa abordará tendencias clave como:

  • Intelixencia Artificial Xenerativa e sustentabilidade
  • Investimento de impacto e oportunidades no mercado dixital
  • Blockchain e tokenización como motores do cambio
  • Ciberseguridade en el mundo empresarial
  • Prácticas globais para reducir a brecha dixital de xénero

Pitch de startups: conectando talento con inversión

Por primeira vez, o evento incluirá unha sesión de pitch de startups, onde emprendedoras poderán presentar os seus proxectos ante inversores e fondos de capital. Este espazo está deseñado para facilitar o financiamento de ideas innovadoras e acelerar o seu crecemento en el mercado.

Sustentabilidade e impacto social: un evento carbono neutral

Ademais do seu enfoque na tecnoloxía e o liderado, Inspiring Women Leaders in the Digital Era é un evento carbono neutral, reafirmando o seu compromiso coa sustentabilidade Concluirá cun cóctel de networking e unha recepción oficial no Concello da Coruña, proporcionando un entorno ideal para xerar novas alianzas estratéxicas.

Sobre Inspiring Women Leaders in the Digital Era

Fundado por Teresa Alarcos, este evento converteuse nunha das citas máis influente en liderado feminino e innovación. A través de W Startup Community  e o equipo promotor galego, o foro conecta talento, investimento e tecnoloxía para xerar impacto social e económico.

Inscricións