Pasar al contenido principal

O INTECO presenta o 'Catálogo de seguridade' das empresas tecnolóxicas españolas

Logotipo de INTECO

As Tecnoloxías da Información (TIC) contan xa cun catálogo de seguridade que foi aprobado no "cumio" sobre seguridade cibernética que se celebrou en León, organizada polo Instituto Nacional de Tecnoloxías da Información.

Este catálogo recolle todos os provedores do sector así como a súa oferta de servizos e solucións: son 553 empresas españolas, das cales 106 son fabricantes, 33 almacenistas, 237 integradores, 58 distribuidores e 119 consultoras tanto tecnolóxicas como de negocio, así como 1002 solucións, das cales 396 son produtos e 606 son servizos.

Esta reunión cumio da seguridade cibernética española foi organizada polo Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), e desenvolveuse ao longo dos días 22, 23 e 24 de outubro.

Infraestruturas críticas

A última xornada do encontro estivo dedicada á "seguridade da información nas infraestruturas críticas", nas empresas e sistemas de enerxía, subministracións de gas, electricidade, sanidade, asuntos de seguridade do Estado, etc.

Neste sentido recordáronse incidentes padecidos por Estonia e Georgia, perdas de datos dalgunhas cadeas hoteleiras e de gobernos importantes como o do Reino Unido, que se puxeron como exemplo para estimular a toma de medidas no ámbito de seguridade.

O outro grande tema central debatido hoxe foi o da converxencia entre a seguridade lóxica e a seguridade física. É dicir, o encontro entre as tecnoloxías das empresa de seguridade clásicas, vixilancia, viodeovigilancia, control de accesos, etc, coas tecnoloxías da información.

Na sesión de clausura, contou coa intervención do director do Inteco, Enrique Martinez, e o da Asociación de Empresas de Electrónica e Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións (Aetic), Jesús Banegas, os que avaliaron positivamente o tratado nas sesións.

Punto de encontro entre a oferta e a demanda

Como conclusión, resaltouse a necesidade de seguir traballando para achar un punto de encontro entre a oferta de seguridade e a demanda coa suficiente presteza como para ter en conta a evolución do os perigos da Rede (malware).

"Hai que coñecer á demanda e chegar a esta de forma práctica, e iso é especialmente necesario a para as Pymes, que necesitan máis protección", explicou a EFE Marcos Gómez, responsable de e-seguridade do Inteco.

O éxito deste encontro foi notorio, porque a este asistiron responsables de seguridade das principais empresas españolas, que valoraron de suma importancia tanto os debates xerais e talleres como a edición do catálogo de e-seguridade.

"Se o ano pasado asistiron 325 persoas entre relatores e asistentes ás sesións plenarias e de talleres, este ano se alcanzou a cifra de 480 persoas, o que dá mostra dun interese crecente no tema e da eficacia do labor desenvolvido,", dixo Marcos Gómez.