Na edición do 12 de novembro do programa de PuntoRadio Protagonistas, e ante as queixas de varios oíntes sobre o problema da Enxeñaría en Informática, Luis del Olmo anunciou que a semana que vén organizará un debate con todas as partes implicadas.
Podes escoitar este anuncio que lle remitiu a un dos colexiados. Tamén está dispoñible o corte completo da hora dos oíntes de Protagonistas.