Pasar al contenido principal

Declaración do Consello de Colexios sobre o presunto "fallo informático" no caso do maltratador de Pontevedra

Ante a polémica xurdida polas causas que puideron propiciar o desgraciado falecemento de María del Rosario Peso, presuntamente asasinada polo seu compañeiro Maximino Couto, cando este estaba sometido ao réxime de vixilancia de maltratadores mediante pulseiras electrónicas, o Consello de Colexios Profesionais de Enxeñeiros en Informática, en representación dos diferentes colexios profesionais de ámbito autonómico:

  1. Lamenta profundamente o suceso acontecido, e por esta razón quere contribuír ao seu fin social, achegando todos os recursos humanos e coñecementos técnicos cos que conta, que axuden a determinar as causas reais que motivaron o fallo do sistema de vixilancia, e polo tanto a dirimir responsabilidades, contribuíndo con iso a corrixir os posibles fallos de forma inmediata, e evitar que nun futuro se volvan producir feitos tan luctuosos e que xeran unha enorme alarma social.

  2. Por ese motivo, pon disposición daquelas partes interesadas aos seus Corpos Oficiais de Peritos Informáticos, os únicos legalmente habilitados para realizar unha peritaxe formal sobre a materia, coa finalidade de establecer se realmente se produciu un fallo no sistema informático e, no seu caso, as súas causas.

  3. Baixo ningún concepto, tolerará que a depuración de responsabilidades derivada dos acontecementos remate nun fallo do sistema informático que satisfaga a todas as partes, máxime cando dende os diferentes Gobernos habidos ata a data se puxeron trabas constantes á regulación da actividade profesional de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática e, polo tanto, á fiabilidade e seguridade de sistemas informáticos tan críticos para a sociedade e que, desgraciadamente, resultaron neste tráxico acontecemento.

  4. Con ese mesmo pretexto, denunciará publicamente aqueles fallos informáticos que poidan comprometer o interese xeral, e o seu uso como elemento exculpatorio de responsabilidades políticas, ante a pasividade dos diferentes Gobernos para establecer un marco regulador da informática que garanta a seguridade da cidadanía, apoiada fundamentalmente nun exercicio responsable.