El Defensor del Pueblo respondeu ao CPEIG indicando o seguinte:
"[...] Unha vez estudada a súa queixa, tal e como se lle indicou no acuse de recibo no seu día enviado, procede admitila a trámite ao entender que reúne os requisitos establecidos no artigo 54 da Constitución [...]
En consecuencia, inícianse as actuacións oportunas coa Vicepresidencia do Goberno [...]
Non obstante ao anterior, debemos informarlle de que nesta Institución temos aberta desde o mes de novembro de 2007 unha queixa de contido similar á do seu escrito sin que desde o Ministerio de Industria nin desde Vicepresidencia do Goberno se dese resposta algunha á solicitude de información que se lles solicitou.
Ademáis, en relación con queixas de titulados en outras enxeñarías -química, electrónica,etc.- que formularon problemas similares aos expostos por vostede, e que se tramitaron por El Defensor del Pueblo durante anos, concluiuse que ningún departamento se consideraba competente para adoptar a iniciativa da regulación [...]"
Ao remate deste artigo pode descargase a resposta completa.