Pasar al contenido principal

Unidade dos colexios frente á problemática das enxeñarías en informática

Logotipo do CCII

Durante o encontro realizáronse dúas xuntanzas paralelas nas que CCII e CONCITI trataron temas propios de cada organización para posteriormente realizar unha xuntanza única na que se trataron os temas que afectan a todo o colectivo.

Na xuntanza do CCII participaron os Colexios de Andalucía, Asturias, Castela e León, Castela a Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Euskadi, Extremadura, Galicia e Murcia. Estes ratificaron de forma unánime o seu apoio á actual dirección do CCII, que fixo unha síntese moi acertada da situación actual que se podería resumir en:

  • O Goberno non nos ten en conta para nada e todas as súas accións ata o momento foron baseadas nas boas maneiras, pero sen mostrar ningún síntoma de querer atender as nosas reivindicacións.
  • O Goberno pensa que non somos un problema e dilúenos na problemática xeral de Bolonia.
  • O Goberno utiliza argumentos sobre a falta de unidade do colectivo nun intento desesperado de minar a nosa moral.
  • Non hai ninguna vontade política de cambio.
  • É necesario un incremento da presión e vaise desenvolver un plan de acción contundente.
  • É necesaria unha maior colaboración e implicación para desenvolver máis actividades. Os Colexios aportarán máis medios humanos á causa.
  • Imos reforzar a coordinación e o traballo conxunto do CCII, CONCITI, CODDI e RITSI.
  • As prioridades actuais son a regulación da profesión e dos estudos universitarios de Enxeñaría en Informática.
  • Estamos a avanzar en varios frentes: político, xurídico, mediático, social, etc. Porén, queda un longo camiño por percorrer.
  • Hai que reforzar a comunicación cos colexiados e profesionais para facerlles chegar mellor a información sobre as accións que se están a levar a cabo constantemente por parte dos Colexios.

Estas reflexións foron debatidas e compartidas por todos os Decanos e Presidentes que manifestaron a intención clara de traballar aínda máis para acadar os obxetivos marcados aportando máis medios e levando a cabo máis accións.

En concreto, os acordos aos que se chegou na xuntanza foron:

  • Aprobación por unanimindade do ingreso no comité do CCII dos Colexios de Andalucía, Extremadura e Galicia.
  • Ratificación da xestión da secretaría xeral por unanimidade.
  • Establecemento dos seguintes obxetivos a curto prazo:
    • Reorganización interna para acadar maior efectividade.
    • Regulación dos estudos.
    • Creción do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática.
  • A medio prazo perseguese a regulación profesional centrándonos en aspectos concretos e claros da profesión.
  • Os estatutos do comité do CCII non serán revisados polo momento para centranos dese xeito na problemática actual.
  • Ata que se cree o Consello de Colexios de EI, o comité asume a representación dos intereses corporativos da profesión da Enxeñaría en Informática no ámbito nacional e internacional de acordo co artigo 15.3 da Lei 12/1983 de Proceso Autonómico.
  • As relaciones do comité do CCII co colectivo da Enxeñaría Técnica en Informática realizaránse a través de CONCITI.

De xeito paralelo tivo lugar a xuntanza do comité CONCITI na que participaron os Colexios de Andalucía, Asturias, Canarias, Castela a Mancha e Cataluña. Ademáis estiveron representados os Colexios de Baleares e a Comunidade Valenciana.

Para rematar, tivo lugar a xuntanza de ambos comités na que os ETIs propuxeron accións conxuntas como o envío de queixas ao defensor do pobo español e europeo, a creación dun soporte centralizado de novas, a determinación de datas de movilizacións mediante consulta popular ao colectivo e a axilización da transmisión da información.

A xornada rematou con un almorzo ao que se uniu o presidente de RITSI que presentou a postura dos estudantes e formulou futuras movilizacións que deberán ser coordinadas entre todos tal como se tiña acordado xuntanzas previas.