O presidente do colexio, Fernando Suárez, e o vicetesoureiro, Antón Campos, mantiveron unha reunión con representantes da Universidade Europea de Madrid na que se tivo un primeiro contacto de cara á firma dun convenio de colaboración entre as dúas entidades.
O obxectivo deste convenio sería facilitar aos colexiados e colexiadas o acceso a formación especializada no eido das TIC dentro desta universidade.