Como parte do Programa de Formación para o ano 2009, o CPEIG organizará a finais do mes de novembro o Curso de Peritaxes e Informática Forense.
Ao mesmo están convocados os/as profesionas da Enxeñaría en Informática e da Enxeñaría Técnica en Informática. Poden atoparse máis detalles sobre este curso na páxina informativa do mesmo.
Para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP) será preciso ter asistido a este curso ou ben ter asistido a algunha edición anterior realizada polo CPEIG ou pola AEIG, ou convalidar un curso doutro organismo, tal e como se recolle na Directriz 1005.1.
Os membros colexiados obterán un importante desconto, superior ao 50%, na cota de inscrición. Así mesmo, os/as profesionais non colexiados que se comprometeron a formalizar a súa colexiación tamén poderán difrutar do mesmo desconto que os membros colexiados. Os/as membros do Corpo Oficial de Peritos (COP) e os/as colexiados/as que, cumprindo cos requisitos recollidos na Directriz 1005.1, se comprometan a formalizar a súa pertenza ao COP antes do comezo do curso poderán asistir de forma gratuita á última xornada.