Pasar al contenido principal

O CPEIG celebra dúas asembleas xerais

Fotografía das asembleas 2008

Durante a asemblea extraordinaria os colexiados/as aprobaron unha serie de modificacións sobre estatutos do colexio para permitir a finalización do proceso de tramitación que concluirá coa constitución formal e legal do colexio.

Na asemblea ordinaria os membros da Xunta de Goberno expuxeron a situación actual do colexio e as actividades desenvolvidas durante os tres primeiros meses de vida do mesmo. Así mesmo, nesta asemblea tamén se aprobaron as contas do colexio logo de aplicar unha modificación suxerida polos colexiados/as, así como os orzamentos para o ano 2008 e as cotas de colexiación.