Pasar al contenido principal

O CPEIG participa na mesa redonda as redes sociais, todo o que tes que saber

Símbolo do CPEIG

A sala de usos múltiples do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche de Compostela acolleu o pasado mércores, día 16, a mesa redonda As Redes Sociais, Todo o que Tes que Saber. Participaon o presidente do CPEIG, Fernando Súarez Lorenzo, a psicóloga clínica e directora da UMAD, Pilar Bermejo, e Fernando Villar, formador da Garda Civil.

O impacto da introdución das novas tecnoloxías na vida cotiá supuxo un cambio radical no comportamento e xeito de relacionarse das persoas. Estes cambios, sempre mellor acollidos polos membros máis novos da sociedade, poden implicar certos riscos. A mesa redonda alertou sobre eses perigos a pais, nais, educadores e á sociedade en xeral a prol dun uso razoable e axeitado das novas tecnoloxías nas relacións sociais.

Navega con rumbo

O CPEIG, en colaboración coa Consellería de Educación, puxo en marcha o ano pasado o programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo, dirixido a escolares. En total, uns 5.000 alumnos de toda a comunidade aprenderon a navegar con tino por Internet da man de colexiados e colexiadas que impartiron charlas nos centros escolares, apoiados por material divulgativo e unha páxina web específica www.navegaconrumbo.es O programa terá unha segunda edición no presente ano.