Pasar al contenido principal

O colexio e a Xunta de Galicia reúnen nunha xornada a expertos para afondar na administración electrónica

Xornadas 'As relacións da empresa coa administración electrónica'

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza a xornada As Relacións da Empresa coa Administración Electrónica, prevista para os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio. Colaboran na iniciativa a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Centro de Estudios Cooperativos (Ceccop). Funcionariado, empresariado e público en xeral poderán resolver as súas dúbidas e intercambiar experiencias neste foro.

Ao longo das tres xornadas, un amplo número de expertos unirán as súas distintas visións para abordar a Administración electrónica desde o punto de vista do acceso da cidadanía aos servizos públicos, a contratación, a facturación, a protección de datos ou a informatización das cooperativas, entre outras cuestións.

Asemade, o encontro representa unha oportunidade para coñecer polo miúdo a normativa sobre protección de datos e a súa aplicabilidade, e para afondar no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes.

A asistencia ás xornadas é de balde. Debe remitirse o boletín de inscrición debidamente cuberto por correo electrónico a eventos@cpeig.org ou entregalo durante os días 26, 27 ou 28 de abril no despacho 245 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en horario de 16.00 a 18.00 horas da tarde.