Pasar al contenido principal

A colexiada Yolanda García Ulla homenaxeada no Día da Muller

Logotipo Día da Muller Concello da Coruña

 A subdirectora xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Xunta de Galicia, Yolanda García Ulla, colexidada do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), é unha das homenaxeadas hoxe polo Concello da Coruña, dentro dos actos programados con motivo do Día Internacional da Muller.

O CPEIG propuxo a Yolanda García Ulla, en resposta á petición do concello coruñés, como muller pioneira no seu ámbito profesional. Para o ente colexial esta homenaxe representa un recoñecemento á profesión e ao labor desenvolvido por tantas mulleres nun ámbito, a enxeñaría en informática, no que a muller merece aínda un maior recoñecemento.