Pasar al contenido principal

Curso de Especialización en Dispositivos Móviles

Simbolo Télefono Móbil

Hoxe en día é innegable o crecemento que tiveron as tecnoloxías dos dispositivos móbiles nos últimos anos, por iso, ante a gran necesidade de profesionais formados nestas técnicas, A Universidade da Coruña, xunto con Informática 64, organizan un Curso Profesional en Dispositivos Móbiles. As accións formativas terán lugar os días 20, 21 e 22 de Xuño, en xornada completa.

Nesta edición participarán profesionais na materia, do nivel de Chema Alonso da empresa Informática 64 e un dos maiores especialistas en Seguridade Informática en España, Rames Sarwat, Director Xeral da empresa SmartAccess, é experto en seguridade de sistemas de información e en firma dixital, Juan Miguel Aguayo, é Consultor de Desenvolvemento e Seguridade da empresa Informática 64, ademais é autor do libro "Desarollo de aplicaciones iOS para iPhone & iPad: Essentials" entre outros moitos relatores.

Ademais, como anexo ao curso será entregado a todos os asistentes á formación o libro de "Hacking y seguridad en comunicacións móviles GSM/GPRS/UMTS/LTE" escrito por José Picó e David Pérez de Taddong e o libro de "  Desarollo de aplicaciones iOS para iPhone & iPad: Essentials ".E por suposto, se es un bo falsificador de firmas non te podes perder o concurso que realizará Rames Sarwat no que deberás demostrar a túa destreza imitando unha firma manuscrita e poderás gañar un Tablet de agasallo.

Ao longo do tres xornadas presentaranse sesións ou charlas de 1 hora, nas que se poderán adquirir coñecementos en diversas áreas das tecnoloxías móbiles, e aprender como realizar unha análise forense a dispositivos móbiles, coñecer as arquitecturas dos S.O. móbiles máis importantes, conceptos de seguridade, malware e outros perigos, jailbreak & rooting, novas tecnoloxías en móbiles (NFC, firma biométrica) e moitos máis temas interesantes, todo en relación co mundo dos smartphones e as tecnoloxías móbiles.

O curso está aberto a profesionais e alumnos. Os alumnos da Universidade da Coruña poderán contar cun desconto especial. Haberá dous tramos de rexistro para premiar aos asistentes que antes reserven a súa praza.

Máis información en: http://www.informatica64.com/cemoviles/index.html

Desconto especial Colexiado/as

O desconto dun 20% sobre a tarifa vixente.

O rexistro  divídese en 3 tramos:

Ata o 6 de xuño: 110€ (-20% colexiado/as)

Ata o 15 de xuño: 160€ (-20% colexiado/as)

Do 16 ao 17 de xuño: 200€ (-20% colexiado/as)

IVE NON INCLUIDO NOS PREZOS 

IMPORTANTE: Os membros do CPEIG que se rexistren deben de especificar no ficheiro de rexistro DESCUENTO PROMOCIONAL CPEIG