Pasar al contenido principal

Cursos "Xestión de Proxectos Reto de Exipto" e "BPM con A Gran Mudanza"

Reto Egipto

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abriu o prazo de inscrición nos cursos "Xestión de Proxectos Reto de Exipto" e "BPM con A Gran Mudanza", unhas actividades formativas que se inscribe dentro do Programa de Formación do CPEIG para o presente ano.

No curso "Xestión de Proxectos Reto de Exipto" os participantes partirán dun plan inicial, e terán que organizarse e facer unha execución e seguimento que permita cubrir as expectativas do promotor, do cliente e os seus representantes, nunha contorna con condicións cambiantes.

No curso "BPM con A Gran Mudanza" poderase ver o impacto da adopción de procesos na xestión de negocio que terá que ser apoiado pola tecnoloxía adecuada.

O curso "Xestión de Proxectos Reto de Exipto", realizarase o luns 25 de xuño de 2012. Pode ver mais información en pinchando aiquí.

O curso "BPM con A Gran Mudanza", realizarase o martes 26 e o mercores 27 de xuño de 2012. Pode ver mais información en pinchando aiquí.

A data límite de inscrición é o 22 de xuño.