Pasar al contenido principal

O CPEIG súmase como mentor ao proxecto Nacce

Logotipo NACCE

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) actuará como mentor e formará parte do núcleo de apoio no proxecto Nacce (Núcleo de Apoio á Concorrencia e á Creación de Empresas TIC), que ten como fin formar a 350 emprendedores e empresas de Galicia e Portugal.

Nacce consiste nunha plataforma de colaboración para a creación de empresas TIC. Trátase dunha rede composta por socios e colaboradores que potenciará a formación e asesoramento de pequenas e medias empresas transfronteirizas co obxectivo de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento.

 O obxectivo é estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a concorrencia das empresas existentes e, como consecuencia directa, dinamizar o emprego. Para acadar eses fins, creouse unha rede baseada en tecnoloxías web 2.0. que actuará como catalizador para o avance do sector.

No proxecto participa a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), a Universidade de Vigo, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática, a Cámara de Comercio de Vigo e dous socios de Portugal: Aimnho, de Braga, e CCG, de Guimarâes. Segundo un acordo asinado recentemente, o CPEIG súmase ao núcleo de apoio ao proxecto mediante a achega da experiencia dos seus colexiados e colexiadas, a asistencia a xornadas e mesas redondas, o estudo de proxectos presentados polos emprendedores TIC e o consello a estes promotores.

O proxecto Nacce inscríbese dentro do Programa Cooperación Transfronteiriza España-Portugal