Pasar al contenido principal

Aberta a posibilidade de patrocinio da IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ultima os preparativos da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o vindeiro día 23 de novembro.

Unha cea de gala na que se reúnen os colexiados, empresarios e representantes da Administración e unha entrega de premios congregarán a máis de dúascentas persoas no Hostal dos Reis Católicos.

Aínda está aberta a posibilidade de patrocinio da Noite para todas aquelas institucións ou empresas que queiran ter unha presenza destacada nun dos máis relevantes acontecementos anuais do sector TIC.