Pasar al contenido principal

Máis da metade dos fogares galegos teñen servizo de conexión a Internet

El Correo Gallego

O 58,3 por cento dos fogares galegos ten contratada conexión a Internet, o que supón un incremento do 19,2% desde principios do ano 2010. Este indicador creceu en Galicia o dobre que no conxunto do Estado, reducindo en 4,6 puntos a fenda dixital respecto da media estatal.

En canto ao tipo de conexión o 55,9% dos fogares galegos conéctase a Internet mediante banda larga, un 20,2 máis que en 2010. Ao igual que no caso anterior o crecemento deste indicador na Comunidade duplica a media estatal.

Así o recolle o Informe sobre a Sociedade da Información na Poboación de Galicia correspondente ao ano 2011, que presentou onte hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), adscrito á Amtega.