Pasar al contenido principal

Xornada peche Proxecto Nacce - Presentación de resultados

Logotipo NACCE

O Dentro do Proxecto Europeo NACCE (Núcleo de Apoio á Competitividade e Creación de Empresas TIC), terá lugar á Xornada de peche do Proxecto - Presentación de Resultados, que se celebrará en Santiago (Escola Galega de Administración Pública (EGAP) - Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4) o próximo xoves 14 de marzo de 2013.

A Xornada está dirixida a calquer persoa interesada en coñecer as actividades levadas a cabo no marco do Proxecto.

A inscripción é aberta e gratuita, previa inscripción en www.nacce.es.

O CPEIG actúa como mentor e forma parte do núcleo de apoio no proxecto Nacce (Núcleo de Apoio á Concorrencia e á Creación de Empresas TIC), que ten como fin formar a 350 emprendedores e empresas de Galicia e Portugal, dentro do Programa Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

Programa

No adxunto pode consultar o programa da Xornada 

Plataforma de colaboración

Nacce consiste nunha plataforma de colaboración para a creación de empresas TIC. Trátase dunha rede composta por socios e colaboradores que potencia a formación e asesoramento de pequenas e medias empresas transfronteirizas co obxectivo de ampliar a cifra de negocios e impulsar o seu crecemento. Trátase de estimular a aparición de novas iniciativas empresariais, aumentar a concorrencia das empresas existentes e, como consecuencia directa, dinamizar o emprego. Para acadar eses fins, creouse unha rede baseada en tecnoloxías web 2.0. que actuará como catalizador para o avance do sector.