Pasar al contenido principal

O CPEIG e NANFOR IBÉRICA colaboran en formación cun desconto do 20% para as persoas colexiadas

Logo NanforIberica

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013._ O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de asinar un convenio de colaboración con Nanfor Ibérica S.L., empresa dedicada, entre outras actividades, á creación, desenvolvemento e impartición de cursos nas modalidades de teleformación (online-eLearning), mixta (blended) e presencial. Ao abeiro deste acordo, os colexiados e colexiadas beneficiaranse dunha redución dun 20% sobre as tarifas oficiais dos cursos ofrecidos por Nanfor.

O CPEIG , a raíz deste acordo que ten unha vixencia de un ano de duración prorrogable, distribuirá os contidos de e-learning de Nanfor nas especialidades TIC desenvolvidas pola empresa nas áreas oficiais TIC como son ITIL, Microsoft, Linux, LPI, CIW, Oracle e outras presentes no seguinte catálogo formativo: http: //portal.nanforiberica.com/catalogoweb/. Asemade, o colexio promocionará entre os colexiados e colexiadas, e no seu portal web os cursos na modalidade e-learning.

 

Mediante o convenio rubricado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e o administrador único de Nanfor Ibérica,  Domingo Javier Lozano Moreno, o ente colexial continúa a súa aposta pola formación nun momento no que esta se converteu nun elemento clave para, por unha banda, aumentar a empregabilidade e, por outra,  favorecer a permanencia e promoción profesional dos traballadores no mercado laboral.