Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG dará mañá unha charla sobre redes sociais en Compostela

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013.- O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, dará unha charla mañá xoves, día 25, baixo o título de Redes sociais, necesidade de educación nunha nova contorna. Será a partir das sete da tarde na sede do local sociocultural do Casco Vello, en Santiago de Compostela. A Asociación Cultural San Martiño Pinario organiza a charla, dirixida fundamentalmente a nais e pais preocupados polo uso que os seus fillos e fillas realizan das redes sociais.

Navega con Rumbo polo Ciberespazo

O CPEIG (www.cpeig.org) é un colexio moi activo e con experiencia na difusión do bo uso da Internet e das redes sociais. Ao abeiro dunha colaboración coa Xunta de Galicia, deseñou o programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo, que xa vai pola cuarta edición. Deste xeito, especialistas do colexio achéganse a centros educativos de toda Galicia para impartir charlas divulgativas de unha hora de duración nas que lles ensinan aos escolares a navegar por Internet dun xeito útil e responsable, coa implicación tamén do profesorado.

Ademais, as sesión divulgativas están apoiadas por Guías de Boas Prácticas dirixidas tanto ao alumnado coma ás familias e profesorado, que se poden descargar en formato electrónico, e de balde, da web www.navegaconrumbo.es, onde tamén hai xogos e ligazóns dispoñibles sobre a temática do programa.

Para máis información contactar con:

Telf.: 981 569 894 / 630 040 079/ 620 025 123