Pasar al contenido principal

O CPEIG consegue un desconto do 10% en aloxamento no Hotel Monumento San Francisco para as persoas colexiadas

Logo Hotel Monumento San Francisco

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de asinar un convenio de colaboración co Hotel San Francisco Monumento, establecemento de catro estrelas sito en Santiago de Compostela. Ao abeiro deste acordo, as colexiadas e colexiados incrementan as súas vantaxes colexiais.

O convenio concrétase nun desconto do 10% sobre a tarifa vixente en aloxamento para todos os colexiados e colexiadas do CPEIG. Así mesmo, o hotel ofrece unha bonificación vantaxosa sobre os prezos de menús, aluguer de espazos e outros para os eventos que o colexio organice nas súas instalacións.

Mediante o convenio rubricado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e o director do San Francisco Hotel Monumento, Jorge San Martín Lens, o ente colexial continúa a súa aposta por ofrecerlles ás colexiadas e colexiados máis beneficios.