Pasar al contenido principal

O BNG interpela ao Goberno acerca da exclusión das enxeñarías en informática do borrador da LSP

Símbolo do CPEIG

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou esta mañá proposición non de lei no Congreso dos Deputados, respecto da necesidade de incluír as profesións de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática no proxecto de Lei de Servizos Profesionais. Neste mesmo sentido, o propio BNG, rexistrou unha pregunta á Mesa do Congreso na que solicita ao Goberno que aclare se contempla a exclusión da enxeñaría técnica e enxeñaría en informática na elaboración do Proxecto de Lei de Servizos Profesionais.

Esta proposición é froito do traballo de ambos os Consellos de difusión da necesidade do trato igualitario na futura LSP ás nosas profesións. O Grupo Parlamentario do BNG expresa así a súa preocupación e compromiso coa solicitude que desde CCII, CONCITI, CODDII e RISTI trasladábase no comunicado conxunto emitido a iniciativa dos Consellos.

Desde CCII e CONCITI celebraranse reunións cos representantes de todos os Grupos Políticos para trasladar a preocupación e necesidade do trato igualitario ás nosas Enxeñarías.