Pasar al contenido principal

O CPEIG participará na xornada de presentación do proxecto europeo PLEEC, organizada polo Concello de Santiago

Logo PLEEC

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará o vindeiro día 19 de xullo na xornada de presentación do proxecto europeo Planning for Energy Efficient Cities (PLEEC), que terá lugar no Edificio Municipal Cersia, en Santiago de Compostela, a partir das 09.00h, organizada polo Concello compostelán.

En concreto, o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, moderará a cuarta mesa redonda da xornada: Os comportamentos e a súa repercusión na eficiencia enerxética nas cidades, que se celebrará a partir das 12.45 H.

O proxecto PLEEC enfoca o desenvolvemento desde unha óptica global empregando a metodoloxía aplicada pola Unión Europea para clasificar as smart cities. O obxectivo é facerse cunha ferramenta para conseguir o aforro e a eficiencia enerxética nas cidades europeas, mediante a conexión entre centros de innovación cualificados no sector enerxético coas cidades participantes.