Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu expresar publicamente as súas condolencias polo recente accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela.
O CPEIG únese á dor das vítimas do sinistro e das súas familias, ao tempo que expresa a súa admiración polo traballo dos profesionais da sanidade e de emerxencias que actuaron e aínda están a actuar a prol dos feridos e falecidos. Asemade, o CPEIG quere subliñar o seu recoñecemento aos voluntarios anónimos que non dubidaron en axudar nas tarefas de rescate e que tamén reconfortaron as vítimas e familiares na súa dor.
Reiteramos o noso pésame polos falecidos, especialmente por Jacobo Romero Rivera e David Villoldo Pardo, enxeñeiros informáticos que finaron no accidente. Descansen en paz.