Pasar al contenido principal

Ciclo de Conferencias Abertas "Arquitecturas para facer fronte ós retos expostos por HPC e BigData" do Dr. Roger Espasa

Logotipo del CESGA

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013.-

A conferencia, que se impartirá en español, celebrarase o martes, 26 de noviembre de 2013 ás 16:00h no Salón de actos CITIUS, USC (Campus Vida), Santiago de Compostela (USC).

Ademais poderase asistir por videoconferencia en Coruña no Salón de Graos, Facultade de Informática (UDC) e en Ourense no Salón de Graos, Edificio Politécnico, Campus As Lagoas, Ourense (UVIGO).

Terá unha duración de 2 horas (1h 30' Conferencia + 30' preguntas).

Está dirixida a Investigadores, Enxeñeiros e Estudantes interesados en arquitecturas de procesadores, retos que as aplicacións HPC e BigData supoñen para o hardware.

A asistencia é aberta e non require rexistro previo.

O Dr. Roger Espasa é enxeñeiro do equipo de deseño Intel da familia de microprocesadores XeonPhi.

Mais información en www.cesga.es